As miñas 10 Apps imprescinidbles no iPhone:
- Tweetbot: de lonxe o mellor cliente para Twitter
- TuneIn Radio: todas as emisoras que queiras e máis. E permite pausar e gravar.
- Camera+: a que máis me gusta para editar as fotos. Bastante control nos efectos.
- Instagram: que vos vou contar…
- Flipboard: xenial interface para mirar o GReader, Tumblr ou os Links do TL de Twitter.
- Dropbox: arrastrar no Mac e xa o teño no iPhone.
- Runkeeper: rutas por GPS, tempos,… Axuda a que correr me aburra menos :P
- LiveScore: resultados de moitos deportes ó minuto.
- Madrid Metro: para min que son novo en Madrid, esencial para rutas e tempos.
- TidesPlan12: cando estou en Louro, saber as horas das mareas é básico ;)
*Deixei fóra as propias de iOS e o Whatsapp porque xa dou por feito que todo o mundo as coñece.
